Feeds RSS
Feeds RSS

martes 31 de enero de 2012

Rematamos o mes falando de cumples.


Onte celebrou LÍA o seu cuarto cumpleanos, dando por rematados os cumples do mes de xaneiro.
Tamén quedaba pendiente a foto do cumple de DANIELA, que xa foi a semana pasada.



Mentres os mandilóns vermellos teñen unha morea de cartóns de leite... Que terán pensado facer? Os mandilóns verdes un gran cartón marrón. Os mandilóns vermellos non teñen nada de momento. Que sorpresas traerá o novo mes ao cole? Pronto teredes novas. Imos emprender tres viaxes moi interesantes.

lunes 30 de enero de 2012

60 DESEXOS EN FORMA DE POMBAS DA PAZ

domingo 29 de enero de 2012


E para ilustrar a celebración deste tan importante día, dous traballiños moi interesantes. Un libro LIM de Ana de Aulatic e un contiño que Belén publicou en Casa de tol@s.



COÑECEMOS NOVAS FERRAMENTAS DIXITAIS.

Grazas as nosas amigas Ana de Aulatic e Blanca de Actividades para Educación Infantil coñecemos os GLOGSTERS, pósters dixitais onde podes incorporar xogos, vídeos, imáxenes que nós seleccionemos e consideremos adecuados para traballar cos nosos peques. Este é o noso primeiro intento. Esperamos que pasedes un ratiño agradable con estes xogos. A dinámica e moi sinxela. Ao poñer o rato encima dun dos xogos xa aparece rodeado e so queda pincha. Se o queres ver en pantalla completa tedes que clicar no cadradiño rosa onde pon Glogster poster yourself e despois en VIEW FULL SIZE.



Se queredes ver o ben que o fan elas, aquí vos quedan os enlaces dos GLOGSTERS creadas por elas nos seus blogs.



viernes 27 de enero de 2012

O LORO PARLANCHÍN

a profe Rita contoulles aos peques o conto de O LORO PARLANCHÍN. O animaliño gustoulles tanto que decidiron facer unha manualidade moi chuli os mandilóns verdes e os laranxas. Visto o resultado quedoulles moi, moi ben.


jueves 26 de enero de 2012

TRABALLAMOS COA PAZ

Durante esta semana estamos a traballar o significado da palabra paz. O debuxo que mellor representa a paz é a pomba. Nós coloreamos cada pomba dun color e xa están preparadas para emprender unha viaxe moi especial. O día 30 xa saberedes cal é o seu destino. Mentres deséxanvos a tod@s amor, alegría, solidaridade, axuda...


Ademais da pomba, tamén traballamos co símbolo da paz. O círculo representa o planeta terra e dentro aparece debuxada a pata da pomba da paz. Como na terra viven moitas razas, pegamos gomets de distintos colores que representan a razas que viven nela.






Se tedes un chisco de tempo pinchade enriba do conto Felpa a osa alcaldesa, onde se traballa a importancia dos valores do día da paz, que terían que estar presentes en todos os rechunchos da terra, todos os días do ano.


Os efectos coas fotos firéronse visitando as seguintes páxinas web:
- http://funny.pho.to/es/#anchor-friends

martes 24 de enero de 2012

O INVERNO VAI PASANDO, PERO A NEVE

non aparece. Por iso, @s máis peques do cole atrevéronse a facer os bonecos de neve debuxando.









Para conseguir estes efectos non dubides en visitar a seguinte páxina web. É moi sinxelo. http://pixlr.com/o-matic/.

O que si temos nestes días unha morea de cumples. O venres cumpliu 5 anos ALEJANDRO. O luns foi OMAR o que soprou a vela de 4 anos e o martes outra vez os mandilóns verdes tiveron galletas, biscoito e zumes, xa que DANIELA ten 5 anos.





jueves 19 de enero de 2012

Os mandilóns laranxas...

están a traballar coa simetría do seu corpo. Esa línea imaxinaria que divide o noso corpo en dúas metades simétricas. Cunha foto súa aprenderon de xeito moi sinxelo, aínda que logo houbo que completar co debuxo esa metade que lle faltaba á foto . Con traballiño e esforzo conseguírono.






miércoles 18 de enero de 2012

OS VIKINGOS LEVANTAN ÁNCORAS E BUSCAN

un novo porto para visitar. Durante a súa visita aprendemos moitas cousas sobre os seus barcos, armas, as casas e tamén o seu xeito de escribir.



martes 17 de enero de 2012

OS CUMPLES DE 4 ANOS.

O cumple de EMILIO foi o último da clase que coloca a vela co nº 4.




E MIGUEL inagurou a vela do nº 5.



Moitos bicos para os dous.

lunes 16 de enero de 2012

NO SEGUNDO TRIMESTRE COÑECEMOS...

o nº 2. Para comezar co trazo que mellor que camiñar sobre el.



Ademais hoxe tivemos dous cumples. Son os maiores da clase. Trouxeron unhas tartas deliciosas. Pasáronos moi ben. Moitas felicidades para MAURO E SOFÍA.




Tamén na clase de 4 anos houbo xa un cumple que comezou o ano e outro que está pendente desde o ano pasado. Mañá xa veredes as súas fotos.

lunes 9 de enero de 2012

DE VOLTA NO COLE, ATOPAMOS...

en todas as clases uns agasallos que os Reis Magos deixaran para os peques e que eles recibiron con moita ilusión.




Ademais que mellor xeito de continuar de festa que celebrando o primeiro cumple do ano. Atopámolo na clase dos maiores. TAMARA xa ten 6 anos. Seis bicos nevados para ela, como os efectos da foto. Se queredes facer unha non dubidedes en visitar a páxina: http://es.picjoke.net/


lunes 2 de enero de 2012

Reis Magos sorprendentes para @s peques.





Un desexo para tod@s.


LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

Gracias - Mensajes y Imágenes!

ir arriba