sábado, 27 de mayo de 2017

Que ben o pasamos de excursión!

Sabemos que moitos dos peques durmiron un chisco nerviosos esperando que chegara o día tan desexado. Coa súa mochila e a súa viseira levantáronse moi cedo co mellor dos seus sorrisos subiron ao bus.





Antes de entrar no parque había que repoñer forzas.








Xa en Marcelle fixéronse os equipos e iniciamos a visita. Tivemos a oportunidade de ver multitude de animais: tartarugas, dromedarios, canguros, osos, lobos, avestruces, búfalos, ...










E como Marcelle Natureza é bastante grande fixemos unha paradiña para comer.







E antes de voltar á casa, merendamos.




Algúns moi cansos...quedaron rendidos á volta.


A mellor forma de lembrar o que máis nos gustou é facer un debuxo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario