jueves, 29 de noviembre de 2012

Continuamos traballando en equipo.

Non so os peques de 4 anos están a facer un conto colectivo. Tamén os de 3 e os de 5 están compartindo un traballo tan importante. Aquí tedes o ben que o fan os mandilóns verde. Cando os rematen xa vos ensinaremos. 






Os máis peques fixeron unhas carapuchiñas vermellas preciosas. O curso vai camiñando, pasiño a pasiño, e xa se atopan plenamente integrado no cole.


 

lunes, 26 de noviembre de 2012

recibimos dous premios para o noso blog.
O primeiro é o premio dardos e cheganos da man de Blanca de Actividades para educación infantil, de Miren de La clase de Miren y de Mireia de Món Infantil. É un recoñecemento á creatividade, o esforzo e a dedicación que poñemos  nos nosos blog. Hai que entregalos a 15 blogs, pero nos deixámolo para que todos os blogs que visiten o noso o leven para o seu, porque levar ao día un blog merece un premio coma este. Esperamos que moitos fagades uso del. 


 O segundo é un agasallo de Vane de En la escuela caben todos.
Grazas e bicos para tod@s.
.

domingo, 25 de noviembre de 2012

DICÍMOLO ALTO.

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Para traballalo cos peques durante esta semana escollemos dous contos moi significativos.
O primeiro atopámolo no blog de Belén Junquera, casa de tolos, titulado LOS COLORES.
O segundo está publicado por Cati Navarro no seu blog los peques de mi cole, e chámase UNHA FELIZ CATÁSTROFE. Ademais en base ao conto elaborou un lim para traballalo.








jueves, 22 de noviembre de 2012

Coa chegada

da segunda pdi ao cole xa podemos traballar a lectoescritura nela o que supón un estímulo máis para tod@s. De momento, como somos novatos, estanos contando un chisco. Dentro duns días, despois dun pouquiño de uso xa irá todo máis rápido e mellor. 





Grazas ao Señor Estudioso xa coñecemos moi ben ao Rei U. Dentro de moi pouco coñeceremos á Raíña A. Deixámovos as fichas coas que traballamos para saber tanto do Rei U. A que aparece nas imáxenes son as últimas que fixemos.



domingo, 18 de noviembre de 2012

O martes é un día moi importante.

A Convención sobre os Dereitos do Neno nace no ano 1989 e recoñece os dereitos humanos que case todos os países do mundo se comprometen a defender. Grazas a isto millóns de nenos e nenas do mundo puideron acceder a servicios tan básicos para nós como son a sanidade, a educación e a protección. Se queres saber canto días cumplen os teus dereitos so ten que pinchar enriba da imaxe.








Tamén podemos cantar unha canción que recolle moi ben o importante que é o xogo.

   

Se queremos coñecer un a un os dereitos dos nen@s que mellor que Pocoyó para explicarllos. Seguro que lles encantan.



Para traballar nós na aula queremos un mundo cheo de todos eses dereitos.

viernes, 16 de noviembre de 2012

Traballamos en equipo.


 Na hora de estimulación do lenguaxe a profe Raquel contounos un conto do outono. Ao seu remate propúxonos facer o conto entre todos, pero a condición é traballar en equipo. Así é que nos puxemos a traballar. Non rematamos aínda pero non vos preocupedes que xa vos ensinaremos o resultado final.






domingo, 11 de noviembre de 2012

Que ben o pasamos!

O venres pola mañá tivemos por fin a festa do Magosto. No piso de arriba tiñamos 4 xogos que dona Castaña nos tiña preparados. Dous xa eran doutros magostos e outros dous eran novidade:
-O tragacastaña.
-A pesca de castañas.
-Diana ourizo.
-Xogo de soplo.
Ao remate dos xogos merendamos. No menú tiñamos castañas, queique, galletas, zume e auga. Despois como estivo unha mañá fantástica, fomos ao recreo. Un remate fantástico de semana. Sobran máis explicacións xa que temos unha morea de fotos.