viernes, 2 de marzo de 2018

Tarde de bingo.

Rematamos a semana cun xogo que lles encantou. Unha vez entendidas as regras, tocaba repartir os cartóns e estar moi atentos ás bolas que sairan. A encargada "cantaba" os números e todos ávidos a buscar se estaba no seu cartón. Moitos "cantaron" liña, pero só dous afortunados coincidiron á vez "cantando" bingo. Un xogo a repetir en calquera outro momento...






No hay comentarios:

Publicar un comentario