Etiquetas interesantes.

martes, 20 de noviembre de 2018

Día 20 de novembro...

DIA INTERNACIONAL DOS NENOS E NENAS.

E nun día tan especial.....

Neste día aprendemos unha poesía e ilustrámola cun debuxo.



 Tamén visualizamos un conto que nos deu moito que pensar..."O neno xigante" que nos invita a reflexionar sobre os dereitos dos nenos e nenas. Cada un sacou as súas propias conclusións.



Se nós fosemos un "neno xigante" coma o do conto, que faríamos?...
"Eu non lle faría caso", "eu durmiría", "eu diría que non quero", "eu non traballaría", "eu marcharía para casa", "eu pasearía", "eu marcharía xogar cos nenos"... Boas solucións que se lle ocorreron...


E como Neno e Nena comezan polo n que mellor maneira de celebrar este día coñecendo o conto e a historia das letras n e ñ...e entrenarse coa súa grafía.

Seguindo as pegadas dos maiores tamén traballamos este día . Fixemos un debuxo noso a carón doutros nenos e escoitamos e cantamos unha canción.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails Gracias - Mensajes y Imágenes!