miércoles, 21 de noviembre de 2018

EDUCO AS MIÑAS EMOCIÓNS


A maxia dun tarro vale máis que mil palabras

Pouco a pouco medramos e aprendemos miles de cousas importantes para o noso futuro como son a socialización, a escoita activa, a motricidade fina e grosa,as cores e o conteo. Sen embargo, o autocontrol é unha capacidade que acompaña a todo tipo de coñecemento adquirido, unha capacidade que mellora o noso estado de benestar e nos axuda a acadar a autonomía absoluta.

Por todo isto, na aula de 3 anos creouse un frasco máxico que con só miralo xera un efecto calmante de modo inconsciente, o frasco da calma; un frasco onde calquera tipo de rabieta esvaece.






Este frasco regálanos diferentes beneficios:

  • Axuda ao neno/a a controlar o estrés
  • Canaliza a ansiedade
  • Calma a respiración e reduce as pulsacións
  • Axuda a regular as emocións negativas





Pero para poder crealo é necesario contar cos materiais necesarios e, neste caso,
con 21 xenios para levalo a cabo:

                                





No caso do alumnado de 4 anos, controlar o ruido na aula é unha tarefa complexa que pode levar toda a etapa lograla. É por iso que as “Criaturas silenciosas” chamaron á porta para quedarse e axudar a acadar o obxectivo: o silenzo e a calma na aula.




Estas criaturas viven nun frasco insonorizado, xa que os ruídos fortes danan os seus oídos. Encántalles sentarse ao lado superior esquerdo das mesas dos nenos/as para observar e aprender e, aínda que lle gustan os bicos e aloumiños, asústanse cando alguén berra ou intenta xogar con elas. Cando isto ocorre, a criatura desprázase para o outro lado da mesa. Se esta conduta continúa, a criatura volve para o seu tarro. Ao final da clase, quen aínda teña a súa criatura na mesa será premiado. Ás veces, simplemente ter a criatura silenciosa ao seu carón é unha recompensa suficiente.
É unha maneira divertida coa que aprender a estar en calma sen ter que estar chamando a atención e que axuda a que os nenos/as xestionen os seus tempos de forma autónoma.



No hay comentarios:

Publicar un comentario