domingo, 11 de noviembre de 2018

Preparando o magosto.

Para facer un bo magosto necesitamos ir mercar castañas. Nós ímolas mercar cuns billetes moi especiais. Os nenos de catro anos traballaron ata o número 10. Aproveitamos a ocasión para introducir por primeira vez a decena, xa que tiñamos billetes de 1 e billetes de 10.


Como a metade de dez son 5 descompoñemos o número cinco e saíu xenial. Xa lle estamos pillando o xeito. Cada vez é máis sinxelo.

E sendo como era a gran protagonista, a castaña vestiu as súas mellores galas.


Tamén en cinco anos recibimos unha gran sorpresa na clase cando dona Castaña nos trouxo un cofre cheo de....billetes para mercar castañas e facer o magosto.







Como en cinco somos máis maiores, xa fomos capaces de mercar empregando moitos "castañabilletes" de formas diferentes.
 E despois tocou mercar na nosa ficha...cada un da forma que quixo.

    

Da mesma forma repasamos a ordenación e fomos quen de ordenar de maior a menor os billetes e de menor a maior...somos todos uns ávidos matemáticos...               

                                                          


Na aula de 3 anos non mercamos, pero si fomos recoller castañas en cestas. Fomos capaces de agrupar as cestas que tiñan 2 ou 3 castañas. 
Tamén ordenamos e representamos con dedos e puntos.





Outro día paseando polo cole, dona Castaña deixounos na nosa recta numérica do chan castañas...pero é moi despistada e non se fixou nos números, así que nós tivemos que quitar castañas onde ela deixou de máis e poñer castañas onde ela deixou de menos.








E como estabamos a repasar a letra l, que mellor maneira de facelo que empregar as castañas para confeccionar as letras L e l con castañas...



E ata nos atrevemos a escribir a palabra magosto con castañas...Que divertido resultou!






Tamén fixemos xogos con froitos do outono como a castaña ou a granada, para repasar os cadros de dobre entrada, e animámonos a empezar coa táboa da suma empregando as nosas amigas: as castañas.





Anduvemos toda a semana atarefados na confección dun cartel. O cartel sería representativo no magosto para os distintos xogos, e seguindo a idea do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do cole, cada clase elaborou un cartel cun nome referente a esta festa.

Os de tres anos chamáronse os "bullotes", os de catro "ourizada" e os de cinco "equipo fogata"
Antes de comezar os xogos fixemos unha foto do noso equipo, cal sería o gañador?...todos.














Mercadas as castañas cos nosos billetes, quedaba pendente asalas e comelas. Tivemos unha sorpresa especial este ano, as castañas viñan acompañadas duns bolos de pan recheos de chourizo...que ricos estaban!!














Coa nosa barriga farta era hora de xogar a aqueles xogos que eliximos para este día. 

Tiñamos que levar na nosa boca unha culler con castaña...tentando chegar á nosa metacastaña sen perder a castaña.









O xogo do tragacastañas consistía en meter a castaña dentro da boca da nosa amiga ...había que ser moi precisos no tiro.






As varas é un xogo que consiste en correr e coller a botella, o que queda sen botella está eliminado. Por cada xogador eliminado, quitamos unha vara. O gañador/gañadora é o que consegue coller a última vara.











E xa dando por rematada unha semana de xogos e diversión, quedaba levar para a casa aquelas cestiñas que estivemos elaborando para compartir as castañas asadas coas familias.






No hay comentarios:

Publicar un comentario