Todo o grupo de 5 anos mantén unha conversa sobre as tarefas domésticas e sobre quen acostuma a facelas, axudando cunha serie de tarxetas ilustrativas: fregar, planchar, cociñar, aspirar, coidar as mascotas...
Cada nen@ realizou un gráfico de barras colocando unha peza de cor vermella por cada tarefa que realizaba mamá e unha peza de cor verde pola que realizaba papá. O resultado dos gráficos vémolos nas seguintes fotos. As torres vermellas son, en xeral, moito máis altas que as verdes.
Entre tod@s temos que intentar que nas familias se invirtan algunhas das tarefas domésticas. Un primeiro paso e pasar un bo rato xogando no ordenador.


No hay comentarios:
Publicar un comentario