martes, 31 de mayo de 2011

Pascuala ensinoulles @s nen@s

a diferenza que hai entre obxectos pesados e que se funden e obxectos lixeiros que flotan.


Metemos nun vaso un xiz, plastilina, unha cortiza e unha peza de madeira. As cousas pesadas fundiron mentres que as lixeiras flotan.
Despois collemos obxectos da clase e comprobamos cales eran lixeiras e cales pesadas, facendo dous montóns.







Despois adentrámonos no fondo do mar e coloreamos unha balea que é pesada e un peixe que é lixeiro.

Rematado o traballo fomos a xogar nos recantos, dando por rematadas as clases pola tarde durante este curso.


A PARTIRES DE MAÑÁ SO HAI CLASES POLA MAÑÁ

EN HORARIO DE 9:45 A 14:30





lunes, 30 de mayo de 2011

EN ESTIMULACIÓN DO LINGUAXE

lembramos todo un clásico dos contos para nen@s: OS TRES PORQUIÑOS.


Grazas a el traballamos o soplo.


A casa dos tres porquiños que non logrou tirar o lobo era de pedra. Que vos parecería se fose unha palloza? Deste xeito coñecemos unha casa típica de Galicia.
A palloza é típica da zona dos Ancares e lembra as edificacións da cultura castrexa.

Preto de nós, no Parque Municipal tamén atopamos Pallozas, dentro do noso camping municipal.



Pero Papelote quere que @s nen@s lle axuden a decorar o marco dunha palloza pq a alguén lle esqueceu facelo. E moi content@s puxéronse a traballar en equipo, que é como se fan os bos traballos.



miércoles, 25 de mayo de 2011

CAMBIO DE PATIO






Abandoamos ata setembro o noso patio de recreo de sempre, porque vai moita calor nel. Agora estamos no pequerecho de diante do cole, pero nel hai sombra.

martes, 24 de mayo de 2011

XOGAMOS COAS ADIVIÑAS

FAISE DE PAU DE BUXO
RONCÓN, SOPRETE E PUNTEIRO;
O FOL FAISE DE CONTADO
COA PELICA DUN CARNEIRO.
QUE É?


Primeiro había que coñecer o que era un buxo ( boj en castelán). Buscando no diccionario atopamos que é un arbusto de follas perennes, pequeniñas e moi brillantes, e de madeira moi dura que se emprega para facer culleres, cuncas, gaitas, etc.




Despois coñecer onde estaban colocadas cada unha das partes.



E para rematar colocalas e colorear.






Agora a quenda e d@s nen@s que nestes dous vídeos propóñenvos dúas adiviñas. Se sabedes a solución deixade un comentario coa solución. Sería interesante que se animase algúen a facelo. @s nen@s tamén o merecen que as aprenderon na súa casa.



A GALIÑA CLOTILDE

estaba moi soa. Necesitaba ter moitos ovos e cada un deles distinto. Para conseguilo pedíulles aos nen@s de 3 anos que coa axuda dos papis que decorasen o seu ovo como máis lles gustase. O resultado foi moi colorido e moi orixinal. Grazas por colaborar e por facelo tan ben.


Tamén agradecerlles ás familias de primeiro e segundo do Calvo Sotelo os castros tan chulis que fixeron posible construír un asentamento celta en cada unha das clases.


lunes, 23 de mayo de 2011

NÓS TAMÉN IMOS FACER PAN

como @s nen@s da Uceira.
Podedes visitar o seu blog: coxegasnauceira.blogspot.com.


Para facer pan necesitamos dun cereal: o trigo.






Hai moitos tipos de pan: artesano, de molde, branco, tostado, de leite, integral.



Moi preto de nós, temos un pan con denominación de orixe propia: O PAN DE CEA.


Se queredes saber máis podedes visitar a súa páxina web: http://www.pandecea.org/

Para comezar a traballar nós imos ver un par de vídeos .




E despois a traballar co trigo e tamén cos productos que podemos elaborar coa fariña. Así traballamos a lectoescritura escribindo que Podemos facer filloas, empanadas e pan.




Logo ordear as secuencias para a elaboración do pan. Moi faciliño.


domingo, 22 de mayo de 2011

DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE BIOLÓXICA.


As Nacións Unidas proclamaron o 22 de maio como o Día Internacional da Diversidade Biolóxica para promover un maior entendemento e coñecemento das cuestions da diversidade biolóxica.
O tema do Día Internacional de 2011 para a Diversidade Biolóxica é a diversidade biolóxica forestal, xa que ademais é o Ano Internacional dos Bosques, "o tesouro vivinte da Terra".
Os bosques proporcionan combustible, materiais para a construcción, mediciñas naturais e alimentos.
A continua deforestación tradúcese en emisións de carbono, escasez de auga, do suministro de alimentos, e en nunha pérdida sen precedentes da diversidade biolóxica.
Se queredes saber máis podedes pinchar enriba da primeira imaxe, que contén información en formato pdf.

Agora é a quenda dos máis pequenos. Grazas a Ana, do blog Aula Tic, achegámonos a unha páxina de recursos axeitados para nen@s sobre a diversidade. Son tres os animaliños que nos propoñen unha serie de xogos e enlaces para pasar un bo rato. Coma sempre, para xogar pincha enriba da imaxe. Se o pasaches ben podes deixar un comentario.



viernes, 20 de mayo de 2011

LEMBRADES O NOSO TREN DA LINGUA?


Marchou de viaxe ata a Praza Maior pero alguén durante o sábado pola noite rompeuno pola metade e destrozouno. Pero houbo quen vendo o estado lamentable no que quedou decidiu polo menos recuperar a locomotora e os vagóns do tren onde estaban colocadas todas as fotos d@s ne@s e traer todo para o cole. Despois do desgusto, polo menos o tren xa adorna as paredes do Calvo Sotelo.
Moitas, moitísimas grazas a CHUS, mami de Ariadna de 4 anos, por recuperar o tren para tod@s nós.

miércoles, 18 de mayo de 2011

EXCURSIÓN A MARCELLE


Por fin chegou o día e ás 9:15 da mañá xa estabamos tod@s preparad@s para iniciar unha longa viaxe ata Outeiro de Rei.


Ás once da mañá chegamos a Marcelle. Aquí estamos na entrada do parque, repartidos en tres equipos de 15 nen@s cada un.


Agora, xa toca descansar un chisco. Mañá máis e mellor.