Na aula dos mandilóns verdes estivemos a traballar con Exipto. Aprendemos moito sobre como foi a vida neste país hai moitísimos anos: como era a súa sociedade, quen mandaba no país, para que servían as pirámides...
Así que postos man á obra, construímos a nosa pirámide, convertíndonos en faraóns dela. Vestímonos coma eles: co seu tocado na cabeza, os seus ollos pintados e co amuleto de Ank, famoso pola sorte que daba.
Tamén nos resultou moi interesante a forma de escribir dos exipcios, así que decimos empregar os seus símbolos para construir o noso nome, primeiro en forma de xogo e logo na nosa ficha.
E ata quixemos facer o noso papiro empregando materiais que todos podemos ter na casa...
E co material resultante elaboramos o noso propio cartucho personalizado, coa inicial exipcia do noso nome.
Foi unha viaxe apaixonante polo mundo exipcio!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario