Primeiro traballo: vestir aos nosos coelliños cun madilóns coma o noso.
Para que non estivese só, acompañalo de tres oviños feitos con témperas e con patacas.
Os mandilóns verdes como están a punto de deixar os seus mandilóns decantáronse polos puntos...
Segundo repasar un ovo, decorar outro e debuxar un coello. Canta variedade!!!!
Na aula de 3 anos decoraron un ovo coloreando e pegando figuras troqueladas e estampando o fondo
Seguindo co grafismo decoramos un coello pero con moitos, moitos trazos.
E outro tamén decorando as pezas dun quebracabezas que despois montamos.
Na aula de cinco o coello tamén foi o protagonista...
Tamén houbo tempo para ovos onde se traballou o grafismo.
E moitos, moitos coellos deseñaron, a cada un máis bonito!!
Os mais pequenos remataron o grafismo deste trimeste facendo un niño para un paxariño
E como non podíamos deixar de lado aos números colocamos os ovos nunha cesta. Quedou moi chea con 10 ovos.
E para rematar traballamos coa recta numérica e riscamos os ovos intrusos.
Tamén fixemos a "cestiña do trinta", asemellando á casiña do trinta...Así repasamos as familias.
Como traballo final os peques tentaron relaxarse coa cor verde, para iso colorearon con canicas o fondo e despois pegaron círculos vermellos para rematar a paisaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario