Na aula de 3 anos esta semana tocou unir as distintas figuras troqueladas no folio,primeiro de arriba a baixo e logo dun lado ao outro.Para continuar decorando duas das casiñas que se formaron.
Outra das sesións consistiu en facer casiñas arredor dos gomets pegados previamente.
Na clase de catro anos comezamos cun traballo moi simalar pero un chisco máis complexo. Unir círculos no caso das raias verticais e triángulos para as horizontais. Despois fixeron cruces traballando as liñas diagonais e as espirais.
Aproveitando que temos moi cerquiña a Pascua fixeron unhas galiñas moi especiais. A condición era que cada galiña fora diferente.
E como derradeiro traballo desta semana traballamos o trazo curvo empregando tres cores facendo unha serie.
No hay comentarios:
Publicar un comentario