Unha vez que chegamos ao noso destino repuxemos forzas cunhas galletas, e os monitores foron dividíndonos en grupos para pasar polos distintos talleres: así, houbo equipos laranxas, morados, marróns, azuis, e un largo etcétera.
E alá fomos, de camiño aos distintos talleres: elaboración de pan, aula da natureza, horto, xogos variados e contacto cos animais.
E tamén, repuxemos enerxía á hora de comer, cada un co seu bocata e o seu postre...
Pero toda excursión ten o seu fin, así que nos despedimos de Fervenzaventura, despois dun día que auguraba choiva, pero que ao final nos deixou desfrutar dun día expléndido.
Algúns rendidos e outros charlando animadamente...voltamos nos buses, e cada un levou o seu boliño de pan para desfrutar del na casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario