Recibimos unha proposta educativa que nos ofreceu MENIÑOS para traballar a educación emocional en educación infantil.
Aproveitamos esta ocasión para traballar nas distintas aulas a importancia das emocións, adaptando o proxecto á idade dos nosos alumnos e alumnas.
As actividades foron do máis variado.
As imaxes reflicten o aprendido na aula relacionado coas emocións...
Coñecemos aos personaxes principais: Draco, un dragón que tiña que controlar as emocións, a fada Andreia que lle axudaba nesa tarefa e o sabio que nos fixo unhas preguntas moi interesantes....
Preguntas as cales, nós demos resposta.
Elaboramos o noso Draco das emocións, que estivo preto da nosa etiqueta todos os días para que expresaramos como nos sentiamos en cada intre.
Para fomentar a nosa autoestima, completamos a nosa estrela das habilidades e con todas elas fixemos o paseo da fama das estrelas.
E tamén como nos consideramos elementos únicos, con gustos, intereses e preferencias distintos así o expresamos e o reflectimos na nosa ficha das nosas cousas preferidas.
Un proxecto moi completo sobre un tema interesantísimo na educación dos nenos e nenas: as súas emocións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario