Día Internacional contra a violencia de xénero.
Desde a Comisión de Igualdade do centro propúxose que a liña de traballo para celebrar este día estaría inspirada na canción de Rozalén "La puerta violeta".
A partir dela os peques estamparían as pegadas das súas mans nunha porta, como a da canción.
Pensamos que coa súa axuda quedou moi ben pechada !!!!!!
Xa hai uns días, o Concello de O Carballiño fixo entrega a cada peque dun exemplar do libro de Os Bolechas que ten como protagonista a nosa vila e que traballa a importancia da igualdade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario