miércoles, 23 de diciembre de 2020

Chegou o Nadal á clase de 4 anos

Despois de tantos nervios e euforia propios destas datas chegamos ao fin deste trimestre, pero non sen antes ter traballado moito e compartido moi bos momentos!
Os peques chegaron moi guapos o último día, recordándonos que o Nadal xa está aquí e agora toca desfrutar en familia!







Ao longo da semana pasada traballamos o Nadal utilizando varias técnicas plásticas. Estes son os traballiños que fixeron @s nen@s. 





Escoitamos o conto e a canción do reno Rodolfo e despois cada un pintou o seu.




Estes elfos tan especiales son os da clase de 4





E este reno tan simpático é o adorno que levaron para a casa para colgar na súa árbore de Nadal.
Boas festas!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario