O 29 de xaneiro celebramos o día escolar da non violencia e a Paz e para iso construímos un muro moi especial, no que colaboraron tod@s @s peques : o Muro da Paz.
Cada un/unha d@s nen@s decorou un ladrillo coa pegada da súa man e máis con unha palabra alusiva a este día e despois con todos os ladrillos levantamos un gran muro con moitas...moitas palabras de Paz.
Comezaron os peques de 4 anos a levantar o muro con moito coidado,
xa que os cementos son moi importantes.
Logo tocoulle o turno á clase dos maiores: os de 5 anos, que chegaron con uns preciosos ladrillos e dispostos a traballar moito pola Paz.
E finalmente foron @s máis cativos @s que clausuraron a nosa gran obra.
Quedoulles un traballiño ben xeitoso!
No hay comentarios:
Publicar un comentario