O venres @s peques de 4 anos chegaron moi guap@s, recordándonos un entroido moi diferente ao de outros anos, pero aínda así non podiamos quedar sen vir ao cole cos nosos disfraces favoritos.
![]() |
Os días previos elaboramos un sombreiro mexicano, que levaron para a casa, seguindo a temática do proxecto de biblioteca: "Unha viaxe por América".
Cada nen@ decorou o seu sombreiro con pegatinas e pintaron e estamparon pegadas con témperas.

Tampouco nos quixemos esquecer do día do Amor e a Amizade que se celebra o 14 de febreiro, traballando o concepto de amizade e facendo unha bonita ficha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario