Totalmente integrados xa na dinámica e rutinas do cole podemos facer múltiples actividades na que nos divertimos un montón utilizando múltiples recursos e técnicas.
Grafismo con pincel coa indicación de que cada liña pase por todos os puntos e que non pode haber dúas xuntas da mesma cor.
Traballamos o abn a partires de contos. Esta semana tocou "Las diez gallinitas ". Ordenamos as galiñas por cores segundo van aparecendo no conto. Despois colocamos os ovos e os pitiños fixándonos na cor e nomeando o número onde están colocadas ( sacado do blog de María del Mar Quirell).
Traballamos con palabras de outono como folla, gota, nube, sopa, figo, ... Clasificamos as etiquetas segundo teñan a letra a ou non. Despois facemos os puzzles.
Ademais de traballar series con tapas, obxectos e con gomets, tamén as fixemos na mesa de luz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario