Comezamos a mañá falando da festa que comezou durante este fin de semana. Estamos nas Festas do Setembro que continúan tamén hoxe e mañá , que é festivo local. Se algo caracteriza ás nosas festas son os fuegos artificiais, e os peques decoraron estes moi, moi ben. Rematado o traballo merendamos e saímos ao recreo.
Durante o recreo tivemos unha visita moi especial. Viñeron os cabezudos a visitarnos!!
Rematada a visita fixemos un debuxo, onde saíron moi favorecidos.
Mañá non temos cole. Toca divertirse, disfrutar da festa e descansar para voltar o mércores ao cole.
FELICES FESTAS!