miércoles, 11 de junio de 2008

PROGRAMA DE FIN DE CURSO

PROGRAMA DE FIN DE CURSO

-O venres, día 13 de xuño, todos os nenos e nenas de Educación Infantil imos de merenda ao parque (en horario escolar, polo que a entrada e a saída será a de todos os días). Hai que aportar 1 euro.

-O xoves, día 19 de xuño, terá lugar o festival de fin de curso neste edificio. Para a actuación cada neno e nena deberá de traer da súa casa unha camiseta de cor vermella e pantalón vaquero (se alguén non a ten diríxanse a calquera das titoras). Os nenos e nenas actuarán no patio deste edificio as 13 horas. Rematada a actuación procederemos a entregar os traballos do trimestre.

As titoras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario