martes, 15 de septiembre de 2009

FOMOS AO CINE

Hoxe @s nen@s de 4 e 5 anos fomos de paseo pola rúa para ir ver o cinema infantil sobre rodas. Así tamén puidemos observar como está a nosa vila durante as festas: alumeado, cabezudos, gaiteiros, charangas... e todo iso na honra do noso patrón San Cibrao.


Pero se vos fixades a caixiña era pequena e nós moitos, polo que tivemos que entrar en dous grupos. Mentres uns estaban dentro vendo a peli os outros estiveron xogando no parque. Por certo,




Unha vez sacada a entrada chegou a hora de disfrutar da película.


Ao remate da película fixemos a foto de todo o grupo.

E xa de volta ao cole foi cando topamos con cabezudos e coa charanga.






Mentras @s nen@s maiores ían ao cine @s de 3 anos pasárono en grande dentro da súa clase, aínda que a algún costoulle un chisco a entrada.
Despois de colocar cada mochila na súa percha, saudámonos e escoitamos unha canción.
Logo xogamos por primeira vez coa plastilina de cor vermella no cole, pegamos gomets, merendamos e saímos ao recreo. Non tivemos tempo de aburrirnos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario