lunes, 9 de noviembre de 2009

MAGOSTO 2009

Estamos rematando os preparativos para celebrar o San Martiño o mércores pola tarde.

Entre todas as cousas preparadas, o profe de música, que se chama Xosé Lois ensinoulles unha canción sobre as castañas, e hoxe como tocaba música estivémola cantando. Aínda que o vídeo se ve un chisco mal, podedes ver @s nen@s canta que te cantarás.





E se queredes cantar connosco aquí tedes a letra. Trátase dunha cantiga portuguesa adaptada ao galego polo mestre de música. O profe indicounos que a palabra crepitar na canción significa producir sons repetidos, rápidos e secos como o do sal no lume.


E agora toca pensar un chisco. Que ten que ver o Magosto coa imaxe que veredes a continuación. Pensade, pensade...

Podedes aportar ideas deixando un comentario a esta entrada.







Que xogo se esconderá detrás desta imaxe distorsionada? Veña, veña ...

No hay comentarios:

Publicar un comentario