domingo, 29 de noviembre de 2009

XOGOS PARA TOD@S

Calquera momento é bo para xogar. Se vos apetece podedes pasar un bo rato xogando c@s vos@a fill@s no ordenador. Varias suxerencias en función das idades. Xa sabedes que para xogar tedes que pinchar enriba da imaxe e xa nos leva ao xogo correspondente. Dentro duns días estes xogos podédelos atopar na columna da esquerda no apartado de xogos, para que sexa máis sinxelo poder xogar sempre que queirades.

O XOGO DAS VOGAIS: nel un lapis moi simpático vainos presentar catro xogos onde as protagonistas son as vogais e podemos pintalas, escoitalas, poñelas no seu lugar correspondente e por suposte, aprendemos a ler.



Por outra banda, seguimos lembrando os dereitos da infancia da man de Andaluna. É unha web da Xunta de Andalucía que informa dos dereitos da infancia e ensina ludicamente valores tan importantes como a non discriminación, a igualdade e a integración. Invítovos a entrar e ver os distintos vídeos e cancións, así coma nos xogos.

E para rematar, un xogo de poñer enriba o rato para lograr que cada ra croe. Se o facemos con ritmo conseguiremos una orquesta de ras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario