jueves, 28 de enero de 2010

O 30 DE XANEIRO

celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz . Todo empezou hai corenta anos cando o poeta pacifista mallorquí, Llorenç Vidal, tivo a idea de organizar arredor da data do asasinato de Gandhi (30-01-1948) unhas xornadas educativas para fomentar a convivencia entre @s nen@s. Así é coma cada 30 de xaneiro, a través de múltiples actividades escolares, miles de nen@s pasaron a celebrar esta data, como forma de conquistar ano a ano un sono:un mundo no que sexa posible a globalización da liberdade, da xustiza social e dos dereitos humanos.
Como dixo Luther King: Se queres a PAZ, prepara a PAZ.
A gran importancia desta palabra e do seu símbolo, unha pomba, aparece reflexada na obra de pintores importantes como é o caso de Picasso.


Nós, dentro das nosas posibilidades, tamén queremos aportar o noso gran de area, e para iso traballamos no cole coas pombas e a mellor palabra do mundo: A PAZ. Nelas aparecen recollidos os desexos dos 44 nen@s e de 4 profes. Esperamos que vós unades a nós.

E para que participemos todos na celebración deste día, aquí vos quedan uns enlaces moi interesantes.

E despois de xogar, se vos apetece, podedes imprimir estes debuxos sobre a paz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario