viernes, 12 de febrero de 2010

VENRES DE ENTROIDO

Hoxe pola mañá fomos en autobús ao cole da Uceira para participar nun Desfile de Contos. Para algún deles era a súa primeira viaxe en autobús.

Ao chegar tocou a parte de desfilar por ese patio tan grande, cheo de tanta xente.

E colocarnos no noso sitio, moi ben sinalado, para así disfrutar de todos os disfraces, que a verdade, eran moitos.

E como é lóxico, despois de tanto rato, tomamos un descanso e comemos algo.
E finalmente, colocamónos en fila, para emprender o camiño de volta ao noso cole.

E, coma foi un Entroido de Contos, colorín colorado este conto está rematado.

FELICES VACACIÓNS DE ENTROIDO.
VOLTAMOS AO COLE O XOVES,
18 DE FEBREIRO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario