lunes, 8 de febrero de 2010

O CONTO DE...



O ESPANTALLO

Nun país moi lonxano vivía un labrego moi avaro, que non quería compartir, e pasaba todo o día vixiando que ninguén tocara a súa horta.

Un día tivo unha idea:

-Xa sei, construirei un espantallo para botar fora da miña horta a todos os animais.

Colleu tres canas e con elas fixo os brazos e as pernas. Logo con palla deulle forma ao corpo, unha cabaza fixo de cabeza, dous grans de millo de ollos, por nariz puxo unha cenoria e a boca unha ringleira de grans de trigo.

Unha vez rematado colocoulle unhas roupas rotas e feas e colocouno no medio da horta. Decatouse de que non tiña corazón e colleu o mellor froito dunha pereira e meteuno entre a palla e marchou para a súa casa.

No medio da horta quedou o espantallo movéndose ao ritmo do vento. Máis tarde, un paxariño volou amodiño sobre a horta buscando trigo. O espantallo ao velo quixo berrar para espantalo. Pero o paxaro posou nunha árbore e dixo:

-Deíxame coller trigo para os meus fillos.

-Non podo –respostou o espantallo. Podes coller os meus dentes que son grans de trigo.


O paxaro colleunos e deulle as grazas.

Unha mañá entrou na horta un Coello. Cando se dirixía ás cenorias, o espantallo viuno e quixo darlle medo, pero o coello díxolle:

-Quero unha cenoria, teño fame.

Tanta pena lle deu que o espantallo deulle o seu nariz de cenoria.

Unha vez que marchou o coello quixo cantar de alegría pero non podía porque non tiña boca, nin nariz para cheirar o perfume das flores do campo, pero aínda así estaba contento.

Un bo día apareceu un capón cantando á beira del.

-Voulle dicir á miña muller, a galiña, que non poña máis ovos para o dono desta horta, é un avaro que casi non nos da comida- dixo o capón.

-Isto non está ben, eu dareiche comida, pero non lle digas nada a túa muller. Colle os meus ollos que son grans de millo.

-Ben- e foi moi agradecido.

Pouco máis tarde, alguén se achegou e díxolle:

-Espantallo, poderías darme unha limosna? O labrego botoume da súa casa.

-Quen es?- dixo o espantallo que non podía ver porque non tiña ollos.

-Son un mendigo que pido limosna.

-Colle o meu vestido, é o único que podo ofrecerche.

Logo, notou que choraban xunto del. Era un neno que buscaba comida para a súa nai.

-Pobre-dixo o espantallo- douche a miña cabeza que é unha fermosa cabaza…

Cando o labrego foi á horta e viu como estaba o espantallo enfadouse e plantoulle lume. Todos foron na súa axuda e de súpeto caeu no chan algo que pertenecía ao espantallo o seu corazón de pera. Entón o home ríndose, comeuna dicindo:

-Dicides que volo diu todo? Pois isto é para min.

Con so mordela, xa notou un cambio nel. O espantallo díralle algo seu, a súa bondade.

Por iso, agora axuda a todo o mundo e comparte.


Para celebralo que mellor que facer un puzzle do espantallo. Pinchamos enriba da imaxe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario