Etiquetas interesantes.

lunes, 1 de febrero de 2010

PARA TODO HAI UNHA EXPLICACIÓN...

Este ano no noso cole escollemos como tema para o Entroido 2010 OS LIBROS DE CONTOS, como forma de conmemorar que o ano 2010 é Ano do Libro e da Lectura de Galicia, facendoo coincidir co Xacobeo.

O primeiro contacto que temos co mundo do libro e da lectura é cos contos, que primeiro nos len e que despois xa lemos nós. Por iso, imos ter un desfile onde todos os personaxes son vellos conocidos para todos nós: Carapuchiña Vermella, O frautista de Hamelín, Brancaneves e os 7 ananitos... No CS imos de ESPANTALLOS para lembrarnos dun conto( O Espantallo) no que o seu protagonista era capaz de dar todo o que tiña. Non vos preocupedes, durante esta semana o que non o coñeza vaino descubrir.
Mentras esperades e para abrirlle a porta grande ao Entroido disfrutade dun vídeo, onde os peixes ensinan os traxes máis chamativos.



E de paso comezamos a lembrar contos clásicos de toda a vida e que veremos desfilar no noso Entroido.





E como tod@s estamos cortando,probando, cosendo disfraces, que tal se mentras vestimos a Coco. Seguro que é moito máis sinxelo, so hai que pinchar enriba da imaxe.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails Gracias - Mensajes y Imágenes!