lunes, 15 de marzo de 2010

SEGUIMOS TRABALLANDO...

a nosa expresión plástica empregando distintas técnicas: a pintura con pincel e a estampación (de partes do corpo e con esponxas). Así, pouco a pouco, O MUSEO DO CS realiza múltiples exposicións como os museos importantes. Disfrutade das nosas obras.



A PEGADA DA MAN

Logo, e coa axuda da profe estampamos 3 estrelas de cor branco. E quedaron a secar, que o traballado aínda está sen rematar.



Na clase de 4 anos experimentaron coas témperas e os pinceis, trazando camiños de cores, que non tocaran nos puntos. Como os camiños eran seis, empregaron seis cores. Sabedes cales foron? So tedes que mirar con atención.






O RESULTADO FINAL


















Chegou o momento de xogar coas ferramentas dixitais, que permiten crear cadros, seguindo o camiño marcado por grandes pintores. Neste caso, ímonos deter na obra de Jackson Pollock. Para coñecelo mellor primeiro temos un vídeo de youtube.



Algo moi parecido podémolo facer nós co seguinte xogo. Soamente hai que mover o rato e para cambiar de cor darlle ao botón esquerdo. As obras creadas podédelas mandar ao noso enderezo de correo csinfantil@gmail.com e facer entre tod@s o noso propio museo e publicalas no blog co nome do artista que a creou.


Tamén aínda que máis complicado, podedes entrar neste enlace para seguir creando. Non esquezades mandar as vosas creacións para crear a galería de arte do csinfantil.
O nome da páxina é
THE ARTIST´S TOOLKIT.

No hay comentarios:

Publicar un comentario