sábado, 6 de marzo de 2010

TODOS XUNT@S...

a finais do primeiro trimestre, a biblioteca do cole, propúxonos a todos elaborar un pequeno traballiño para conmemorar que o ano 2009 era o Ano Internacional da Astronomía. A educación infantil tocounos A CONSTELACIÓN DO ZODÍACO, e fixemos un libro onde as principais estrelas son @s nen@s. As estrelas rosas son @s de 3 anos, as amarelas @s de 4 e as laranxa @s de 5.


Entregado o libro no primeiro trimestre na biblioteca, nós gardamos unha copia dos signos do zodíaco e con eles fixemos un mural onde representamos onde están colocadas as constelacións no universo, e que lugar ocupan eles no noso horóscopo, en definitiva, no UNIVERSO DO CS.

Moi ilustrativos do tema son estes vídeos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario