miércoles, 28 de abril de 2010

COÑECIDAS AS FROITAS...

agora tocan os vexetais:verduras, legumes e hortalizas. Para iso, na clase apareceu un pequeno horto que daba de todo: espinaca, repolo, cenoria, pemento, cebola, coliflor, brócoli, pataca...



Todos nacen das plantas. Para que favorecer a observación directa, esta tarde cada nen@ plantou unha faba no patio do cole. Precisamos: un recipiente, terra, a faba e un pouco de auga.








Xa de volta na clase, escollemos un recanto preto da ventá para que teñan moita luz. Xa iredes vendo como van medrando as nosas fabas. Por certo, o vaso que está so non ten fabas, ten lentellas. Así poderemos ver cal das dúas sementes medra máis de presa. Non vos preocupedes, vós tamén o iredes vendo.




Tamén @s de 5 estiveron a traballar cos alimentos, e entre tod@s elaboraron a RODA DOS ALIMENTOS, onde escribiron o nome de todos os alimentos. Esta roda está decorando a súa clase e serve para clasificar os alimentos en 7 sectores que é necesario combinar para levar a cabo unha alimentación equilibrada. Nós dámoslle neste intre maior importancia aos de orixe vexetal.



No hay comentarios:

Publicar un comentario