martes, 6 de abril de 2010

DESPOIS DUNHAS MOI MERECIDAS VACACIÓNS...

e coas baterias cheas, seguimos traballando.

E coa volta ao cole cambiamos de mes, xa estamos en abril.


E imos vendo pouco a pouco como a primavera vai chegando de visita a todas as clases do cole, cunhas flores moi orixinais que se atopan na clase de 5 anos. Pasade e comtemplade. Son moi chulis.


E non podemos rematar sen mandar un montón de bicos a dúas personas que xa non están connosco neste terceiro trimestre. Por un lado, Lourdes que estivo un mes de prácticas na clase de 3 anos. E polo outro, Daniel Fuentes, que veu de Ferrol cando xa comezara o curso, que volveu para alí, e que de seguro xa está moi contento no seu antigo cole e cos seus compañeiros do ano pasado. Tod@s @s nen@s lle firmaron un libro dos Bolechas que ten coma protagonista a nosa vila, O Carballiño. É para que non se esqueza de tod@s nós.




No hay comentarios:

Publicar un comentario