miércoles, 21 de abril de 2010

Pola mañá...


tocou meter na cesta todas as froitas coas que levamos traballando toda esta semana. E non pensedes que son poucas: mazá, plátano, cereixa, pera, aguacate, mango, níspero, arándanos, melón, sandía, pexego, albaricoque...Cada nen@ pintou unha froita.

Neste video tamén aparece unha cesta de froitas moi animada. Ademais de froitas tamén aparecen os vexetais. Quen dixo que non eran divertidos?


Rematado o traballo coas ceras en grupo, chegou a hora de coller o pincel e pintar un amorodo. Unha vez seco engadimos boliñas de plasti de cor amarelo forte. Tamén escribimos a palabra en galego e en castelán.


E tamén temos unha planta que se chama petunia e un peixe chamado Caladiño.



Como podedes ver, seguimos traballando co pastelero p.

Antes de marchar para a casa, na clase de 5 na hora de estimulación da linguaxe lemos un dos contos da exposición montada pola ANPA A UCEIRA, titulado QUE LERIA DE CORDÓNS!,da editorial Kalandraka, onde se nos plantexa un problema que temos moitos, non sabemos atar os cordóns. Ao remate do libro aparecen reflexados os pasos a seguir para saber facer unha lazada. Podedes practicar na casa.













Rematada a lectura houbo quen se ofreceu a atar uns cordóns, aínda que o ten que seguir intentando. O que conta é a vontade.
E para rematar a visita do día de hoxe, esta é a entrada do noso cole.





No hay comentarios:

Publicar un comentario