martes, 25 de mayo de 2010

O luns, despois do recreo, chegou ao cole unha maleta de cores chea de contos. A maleta era de Sabela, que viña nun barco de vela.
O primeiro conto tiña como protagonista a Federico. A mamá de Federico chamábase María e o seu pai César. Federico sempre está aburrido e primeiro quere uns zapatos pero son moi longos, unha silla que é moi pequena, logo unha cama que é moi longo e para rematar unha camiseta que resulta ser moi curta. Así aproveitamos para repasar como se chaman as tendas onde se compran esas cousas todas. Ao final quere un lápis, pero non un calquera. Quere un lápis precioso.








O outro conto era A SELVA e tiña uns protagonistas moi singulares:
-Un camaleón multicolor.
-Un armadillo guasón.
-Un loro parlanchín.
-Un mono araña saltador como unha pulga.
-E o gran jaguar.

Álex botoulle unha man a Sabela e fixo de camaleón multicolor.




E rematados os contos colleu a súa maleta para ir visitar outros coles. Nós como premio e por facelo tan ben démoslle un longo aplauso.





Ademais desta visita tan especial, o luns ao chegar decatámonos de que as sementes da clase de 3 anos medraran moitísimooooooooooooo. E tamén os nosos vermes de seda, que so fan comer e comer follas de moreira. Aos vermes seguímoslles dando de comer para que fagan pronto o capullo de seda. Pero as sementes xa marcharon para a casa para botarlle terra e colocalas nun sitio con moita luz, sen esquecer regalas de cando en vez.






No hay comentarios:

Publicar un comentario