domingo, 9 de mayo de 2010

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Por que celebramos o día 17 de maio o Día das Letras Galegas? A Real Academia Galega escolleu este día para conmemorar a publicación da obra de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos" o 17 de maio de 1863, xa que esta obra supón o rexurdimento da literatura galega. Por iso, a primeira homenaxeada este día foi en 1963 Rosalía de Castro.

No 2010 o escritor galego homenaxeado é Uxío Novoneyra. É considerado o poeta do Courel, onde naceu e grazas a súa obra coñecemos a paisaxe e os animais que nela viven.

No Seminario Galán atopamos unha actividade moi interasante sobre para Educación Infantil onde traballo cos animais do bosque, ata o número 6 e exercicios de lateralidade. Pinchade en XOGAR (vai preguntar se o queredes executar, tedes que clicar para que se descargue o xogo).

Ademais de coñecer ós animais do Courel, ímonos achegar as súas paisaxes e a disfrutar con elas.

E como todos os anos xa comezamos a elaboración do mural do Día das Letras Galegas que poderedes ver na Praza Maior o fin de semana que ven. De todos os xeitos, iredes vendo pouco a pouco como o traballo en equipo da os seus froitos ao longo da semana. Esperamos as vosas visitas e tamén algún que outro comentario.

2 comentarios:

  1. Hola! son Juani unha das profes de educación infantil do cole Tomás de Lemos de Ribadavia. Noraboa polo blog! A min tamén me gustaria facer un, pero o manexo das novas tecnoloxias e a falta de tempo impídemo de momento, así pois a miudo entro no voso e saco ideas para poñer en práctica.Grazas e un saudo para Carmela.

    ResponderEliminar
  2. So fai falla un pouco de axuda para comezar, todas empezamos de cero. Dámosche as grazas por seguir o blog e segue facendo comentarios que animan a seguir traballando. E por certo, saúdo devolto e enviado de novo. Ata pronto.

    ResponderEliminar