jueves, 18 de noviembre de 2010

ADEMAIS DA PINTURA TAMÉN NOS INTERESA A ARQUITECTURA

e sobre todo os castelos. Nós ao noso museo levamos o Castelo de Baviera.

Nós puxemos o noso toque de artistas para podelo colocar no noso museo. So lle engadimos un chisco de color.






Aínda que nos cómpre ir tan lonxe para atopar castelos. Máis preto tamén os hai.



E como remate de todo o traballado coloreamos e recortamos un troquelado onde os protagonistas son o rei Durmiñón e a raíña Sesta, diante de dúas torres dun castelo. Unha vez rematado, levámolo para a casa moi satisfeitos do traballo realizado.







Se queredes colorear algún castelo ou cabaleiro na casa aquí vos quedan dous enlaces para podelo facer. So tedes que pinchar enriba.


No hay comentarios:

Publicar un comentario