jueves, 25 de noviembre de 2010

Queredes ver o que facemos?


A primeira hora da mañá comezamos coa asamblea. Hoxe o encargado da clase de tres foi GABRIEL que colocou a súa foto na máquina do tren e tivo que pasar lista.





Despois cada un foi ao seu sitio a traballar e o encargado repartiu o material polas mesas. Toca traballar.





Mentres, @s de 4 anos estaban a traballar coa gañadora do Premio Cervantes 2010 que é Ana María Matute e coñecendo o título de algunha das súas obras. Como agasallo cada un fíxolle tamén un ramiño de flores e rodeou á raíña a que aparece no seu nome. Por detrás nun libro coa súa foto rodeamos as palabras onde estaba correctamente escrito o nome de Ana. Logo colorearon o libro e repasaron o trazo da A maiúscula.



E @s de 5 na hora de informática adicaron a xogar coas matemáticas. Mentres uns xogan outros esperan a súa quenda traballando.






No hay comentarios:

Publicar un comentario