viernes, 5 de noviembre de 2010

RESPIRAMOS OUTONO EN TODOS OS RECUNCHOS

Na clase da profe Lupe, despois de todo o que viron @s nen@s na visita ao parque e do moito que lles gustou, quixeron tamén traballar con cousas do outono. Xa tod@s sabedes para que necesitan o cartón do papel hixiénico: para facer un bonito cogomelo. Ademais o chan aparece estrado de landras, que son os froitos dos carballos. As nosas son do máis vistosas.







E sabedes a quen lles encantan as landras? Pois claro, aos esquíos. Ollade que esquíos máis orixinais fixeron @s nen@s de 5 anos. Seguro que están encantados coas landras.



E @s de 4 aproveitaron o tempo xogando co ordenador.




Queredes crear personaxes empregando follas de outono, landras, castañas, paus....
Pois pinchade enriba da imaxe e chegaredes ao sitio axeitado. Esperamos que o pasedes ben creando moitos personaxes.


E POR SUPOSTO, ESTAMOS ENCANTADAS. UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE 1000 PALABRAS (ilustración de Vera Rosenberry)

No hay comentarios:

Publicar un comentario