miércoles, 1 de diciembre de 2010

Awareness Ribbons Customized - ImageChef.com

O 1 de decembro celébrase en todo o mundo O día mundial do SIDA. Hai 36 millóns de persoas que padecen esta enfermidade, pero moit@s deles nin o saben. Escóllese este día porque o primeiro caso foi diagnosticado o 1 de decembro de 1981.

O símbolo é un lazo de cor vermello, e ao colocalo no blog queremos manifestar que temos a esperanza de que se atope a cura para esta enfermidade e todo o noso apoio e solidaridade coas persoas que a padecen.

Hai no mundo moit@s nen@s que padecen o sida. Podedes visitar a páxina de unicef para saber algo máis e nós coma adultos reflexionar sobre a importancia que a educación e a sanidade teñen para a súa prevención. Para @s nen@s este vídeo que unha vez visto non necesita explicación. Para velo pinchade enriba da imaxe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario