martes, 18 de enero de 2011

RECOLLEMOS INFORMACIÓN

de todo o que sabemos sobre outro animaliño que tod@s deberiamos de coñecer: os loros. Comecemos polo principio, porque sabemos moitas cousas e outras ímolas aprender.
Un loro é unha ave. Lembramos que para selo ten que ter:
-Nacer dun ovo.
-Ter o corpo cuberto de plumas.
-2 patas.
-Peteiro.
Teñen os loros todo iso? Pois claro que sí.
Agora imos ver distintos tipos de loros. Todos teñen un colorido moi chamativo. Os mais coñecidos son:

OS GUACAMAIOS
OS PERIQUITOS
A COTORRA
OS AGAPORNES OU INSEPARABLES
Sabedes que poden ser zurdos ou diestros coma calquera de nós? vai depender da pata que usen para coller a comida. Pero polo que son máis coñecidos e porque son capaces de imitar sons e voces. O que ten máis facilidades para imitar e o loro gris africano.
Este que aparece na foto foi capaz de voltar á súa casa grazas a saber o nome do seu dono e a dirección onde vivía.

En calquera caso, nunca lle poñades chocolate cerca. É tóxico para o seu organismo.


Agora xa sabemos un pouco máis do protagonista do conto de hoxe pola tarde: O LORO PARLANCHÍN. Rematado o conto, cada nen@ fixo o seu.




No hay comentarios:

Publicar un comentario