miércoles, 12 de enero de 2011

TRABALLAMOS COS CONTOS CLÁSICOS.

De cando en vez, na hora de Estimulación do Linguaxe, lembramos contos dos de toda a vida. Eses que coñecen @s av@s, os pais e nais e case todos os membros da familia. O conto escollida para esta sesión foi o Soldadiño de Chumbo, escrito por Andersen, que foi publicado por primeira vez no ano 1838. Máis datos sobre o conto neste enlace da Galipedia.
Ademais, podemos disfrutar dunha peli feita en galego, onde os personaxes non son debuxos, son xoguetes que se atopan no Museo Galego do Xoguete de Allariz. Se queredes saber máis cousas podedemos aproveitar na páxina de TURGALICIA unha entrada do museo, onde ademais de darnos un montón de datos, tamén atopamos fotos panorámicas que non permiten realizar unha visita virtual polo mesmo.



E por suposto, en psicomotricidade por un intre nós tamén fomos o soldadiñó de chumbo e a bailarina.




E continuamos con outros xogos, nos que tamén tiñamos que traballar un chisco o equilibrio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario