miércoles, 23 de febrero de 2011

DE VIAXE.

Comezamos navegando polos Mares do Sur, atravesando a cuberta do barco mantendo o equilibrio e depositando os tesouros na bodega dentro dun cofre. O botín era moi grande e tamén moi valioso.






Despois fomos polo deserto e entre tod@s fomos capaces de construír unha pirámide e un templo, moi parecidos a Pirámide de Keops e o Templo de Ramsés II. O traballo non foi moi fácil porque as condicións do deserto son moi adversas, por iso nós empregamos bancos suecos, picas e un túnel.







No hay comentarios:

Publicar un comentario