jueves, 3 de febrero de 2011

Papelote, a mascota de 3 anos,

foi de visita á panaderia, e coñeceu ao panadeiro que facía un pan moi rico. No conto, a Papelote, pasábanlle moitas cousas. Pero como todos os contos rematou ben, aínda que había algún trasno polo medio que fixo algunha das súas.
Hoxe o panadeiro fixo un pan moi especial para cada un deles. Para que Papelote estivera moi contento tiñan que riscar gomets para colocar dentro do pan e picar na pelota, pq non a fai o panadeiro.








Mentres, @s de 4 anos, traballaron coa lectoescritura. Xa coñecen a todos os membros da Familia Real do País das Letras: a Raiña A, o Rei U, o príncipe E e as princesiñas I e O. Para repasar fixeron esta ficha que ten moito, moito traballo.



E @s de 5 seguen de celebración de cumples. Hoxe cantaron dúas veces o cumpleanos: unha vez para ANDREA e outra para DANI G. Moitos bicos para os dous.


No hay comentarios:

Publicar un comentario