lunes, 21 de febrero de 2011

PEPA este Entroido querese disfrazar...

de faraón. Grazas a iso, fomos de viaxe a Exipto, un país que está en África. Case todo o seu territorio é deserto sendo abundantes os dromedarios e os camelos ( se teñen unha ou dúas xibas), aínda que alí atopamos o río Nilo que é o máis longo do mundo.


Logo tocaba disfrazar a Pepa. Como o traxe e moi complicado o traballo quedou sen rematar.
Mañá e outro día.


Pero non pensedes que Pascuala e Papelote se van quedar atrás. Hoxe Pascuala cambiolle o nome a tod@s @s nen@s da clase. Mañá cando vexades escritos os seus nomes xa teredes unha gran pista do disfraz escollido por Pascuala.

E para rematar o día de hoxe, @s nen@s de 3 anos colgan os seus traballos no noso museo. Levaron para a casa un cadrado que tiñan que decorar libremente contando coa axuda da familia. Aínda non chegaron todos, pero hainos moi orixinais.









Que contento está Papelote!



No hay comentarios:

Publicar un comentario