viernes, 11 de marzo de 2011

Que é un Entroido sen filloas?

Non é nada. Sobre todo para @s nen@s de 5 anos que o xoves coñeceron a un novo personaxe do país das letras: o filloeiro f. Querédelo coñecer?

Ademais de facer larpeiradas, ten outros dous traballos que son moi importantes no País das Letras. O primeiro é vixiar que todos os farois estén acesos e así os seus habitantes poidan pasear e non mancarse pola noite. E o segundo, é o fareiro que vive no faro e que impide que os barcos teñan accidentes cando se achegan á costa. Sabedes cantos faros hai na costa galega? Pois hai 29 faros.



Tamén á última hora da mañá estiveron xogando co ordenador @s de 4 anos, colocando todos os elementos da cara e logo vestindo un neno e unha nena. Para rematar pintaron co ordenador. Mentras uns xogan co ordenador outr@s están na alfombra nos xogos de esperar.

r


No hay comentarios:

Publicar un comentario