lunes, 28 de marzo de 2011

A QUE SABE A LÚA?



Esta pregunta atopa resposta buscando nesta biblioteca un libro co mesmo título, da Editorial Kalandraka.
Unha vez contado o conto entre tod@s @s nen@s colorearon os animais protagonistas e tamén todas as letras do título. Unha vez recortados e plastificados, chegou a hora da posta en escea do conto.




Pero chegou un momento en que a lúa foi subindo, subindo e necesitamos a axuda dunha escada para seguir colocando os animais.



E ao final foi un ratiño, no que subido na montaña de animais foi quen de coller un anaco de lúa.





Pero agora vai a pregunta para tod@s? a que sabe a lúa ? Según @s nen@s a lúa sabe a queixo, a chuche de coca-cola, a caramelo, a chocolate...

Para vós, a que sabe a lúa?









Pero non pensedes que xa rematamos de traballo con este conto. Mentres, para quen non o coñece aquí tedes este vídeo de youtube.



Se queredes colorear unha lúa ou un sol, pinchade na imaxe. Despois podedes contarnos a que sabe a vosa lúa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario