lunes, 4 de abril de 2011

Ese sol

fixo tamén que medraran as flores. Por iso, na hora de estimulación da linguaxe traballamos co nome das flores: xirasol, rosa, tulipán e clavel.





A continuación tocaba traballar cunha mandala de primavera. Poñer o nome debaixo e copiar a palabra primavera. E se hai unha flor representativa desta estación do ano é a margarida, que podemos atopar en calquera lugar.

Esta foto é do Parque Municipal de O Carballiño.




Esta mandala é moi sinxela, pero podedes atopar en internet unha morea de páxinas. Aquí vos queda unha pequena mostra:
-MANDALAS 1
-MANDALAS 2
-MANDALAS 3
-MANDALAS 4


Tamén se poden crear mandalas online visitando esta páxina:http://www.myoats.com/create.aspx, con multitude de posibilidades en canto a cor, o grosor do trazo e tamén ten unha galería con multitude de mandalas creadas.

No piso de arriba tamén daban as últimas pegadas e retoques ao mural da primavera. Coas pegadas fixeron bolboretas, flores e paxaros. Vós na casa tamén podedes facer a proba, xa que é moi sinxelo e divertido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario