domingo, 22 de mayo de 2011

DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE BIOLÓXICA.


As Nacións Unidas proclamaron o 22 de maio como o Día Internacional da Diversidade Biolóxica para promover un maior entendemento e coñecemento das cuestions da diversidade biolóxica.
O tema do Día Internacional de 2011 para a Diversidade Biolóxica é a diversidade biolóxica forestal, xa que ademais é o Ano Internacional dos Bosques, "o tesouro vivinte da Terra".
Os bosques proporcionan combustible, materiais para a construcción, mediciñas naturais e alimentos.
A continua deforestación tradúcese en emisións de carbono, escasez de auga, do suministro de alimentos, e en nunha pérdida sen precedentes da diversidade biolóxica.
Se queredes saber máis podedes pinchar enriba da primeira imaxe, que contén información en formato pdf.

Agora é a quenda dos máis pequenos. Grazas a Ana, do blog Aula Tic, achegámonos a unha páxina de recursos axeitados para nen@s sobre a diversidade. Son tres os animaliños que nos propoñen unha serie de xogos e enlaces para pasar un bo rato. Coma sempre, para xogar pincha enriba da imaxe. Se o pasaches ben podes deixar un comentario.



1 comentario:

  1. Moi boa entrada, completa e como sempre moi interesante. Cantas cousiñas imos aprender sobre os bosques. Unha aperta e disfrutade do pouco que queda da fin de semana.

    ResponderEliminar