lunes, 2 de mayo de 2011

Para comezar a mañá Gabriel

presentoulles a tod@s @s seus compañeir@s a súa mascota. A condición era que tiña que ser un aminal e que ao chegar había que dicir se era doméstico ou salvaxe, nº de patas, de que tiña cuberto o seu corpo e o nome do animal. Gabriel trouxo un animaliño salvaxe, con 4 patas e co corpo cuberto de pelo. Pola foto xa sabedes de que animal se trata, verdade?
O encargad@ de mañá será o que teña que traer unha nova mascota.



Seguindo co tema dos animais, na hora de estimulación do lenguaxe traballamos cos sonidos dos animais.



Ao seu remate, Papelote tiña un pequeno traballo para @s nen@s. Tiñan que axudarse a rematar o seu MAIO, e fixarse moito para non colorear o obxecto que estaba equivocado e que nunca se usa nun Maio.









Xa pola tarde, tamén os de 5 anos axudaron á abella Pepa a decorar un fermoso maio. Como xa son os maiores, o seu maio foi moito máis difícil. A súa mascota, está moi contenta con tod@s el@s.



2 comentarios:

  1. Moitas grazas por visitar o noso blog!! Nos tamén estaremos moi pendentes do voso a partires de agora.

    ResponderEliminar
  2. Grazas por visitarnos! estivemos botando unha ollada ó voso e parécemos moi chulo! seguide asi. (non atopei donde facer o cometario, por eso volo puxen aqui...). bicos desde picarexadas!

    ResponderEliminar