viernes, 7 de octubre de 2011

O NOSO PRIMEIRO MURAL



Na tarde de onte e hoxe pola mañá fomos estampando a pegada da nosa man en distintos colores. E un traballiño tan ben feito necesitaba ocupar un lugar importante na nosa clase. Hai 23 pegadas pequenas e 2 grandes. Cada unha ten ao lado o nome do autor. So faltan dúas pegadas: as de Lía e as de Paula G. que están maliñas. Esperamos que o luns xa veñan ao cole para incorporar as súas pegadas ao mural. Desde aquí mandámoslle un bico para que sanen pronto.

Aproveitando que chega o fin de semana aquí vos deixamos un par de xogos e unhas orixinais ideas para facer manualidades c@s nen@s empregando cousiñas do outono.







As manualidades atopámolas nunha entrada publicada por Bea no seu blog COUSAS DE PEQUES. Son orixinais e moi doadas de facer con eles na casa. Estes son algunhas das que aparecen, se quedes ver máis aquí vos queda o enlace para que visites a páxina krokotak.





E lembrarlle a tod@s @s pais/nais que poden deixar as súas pegadas no blog, facendo algún comentario nas entradas ou facéndose seguidores, xa que fan que os blogs sexan vivos e animan a quen os fai a seguir traballando e buscando novos recursos. Ademais tamén podedes opinar, indicando o que botades en falta ou o que non vos gusta.
É tan sinxelo como o mural que fixemos nós na clase.

9 comentarios:

  1. ya va la cosa fenomenal, verdad? los animalitos y manzanas encantadores...

    ResponderEliminar
  2. un mural estupendo, seguro que los demás serán tan bonitos como este.

    ResponderEliminar
  3. ¡Quedouvos chulísimo o mural! Iso de poder embadurnar toda a man de pintura para estampala debeulles parecer fenomenal (sempre é algo que lles encanta). As manualidades preciosas, eu tamén estiven ollándo a páxina e teñen cousas moi orixinais. Animareime a facer algunha. Un biquiño chicas y feliz fin de semana.

    ResponderEliminar
  4. El mural ha quedado genial. Y lo mejor es que seguro que se lo pasaron genial. Y por cierto el enlace de krokotak es buenísimo para sacar ideas.
    Hasta pronto.

    ResponderEliminar
  5. Feliz comienzo de curso, el mural muy bonito y las manzanas maravillosas, me han encantado.
    Un beso enorme y seguimos en contacto

    ResponderEliminar
  6. Que chulo o mural, e os nenos encantados de embadurnar a man en pintura :)

    ResponderEliminar
  7. Estes comentarios saben a gloria. Moitas grazas e disfrutade do fin de semana.

    ResponderEliminar
  8. Muchas gracias por vuestro comentario :)
    Me han encantado las manzanas!!!! Qué saladas quedan!!!

    Besotes

    ResponderEliminar
  9. Que mural tan bonito y segurísimo que se divirtieron un montón haciéndolo, y los animalitos y las manzanas me encantan. Son super creativ@s y originales. Un besazo enorme

    ResponderEliminar